x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Á noitiña



Foi unha desas noites despexadas e claras, das que  non confío que teñamos moitas polo vran. Ademais foi a vespera do Solsticio, e aínda por riba estase a producir nestes días un novo evento cósmico non moi habitual: Xúpiter, Venus e a Lúa alineados formando un triángulo isósceles virtualmente perfecto. Digno de desfrutar.



O primeiro lugar escollido foi Gradín, aínda no solpor, pra tomar alguna foto do Campo que fixese a primeira escolla destas fotos nocturnas, onde a mistura de sombras e luz tinguen as paisaxes urbáns cós primeiros sabores do estío. Alá arriba aparece vixiante no Barbanza o que queda da base de Iroite, semellando controlar todo por baixo dos pés tal que o Big Brother do afamado filme.



A desexada Ponte fai sempre espectaculares fotos de día, mais coa noite gaña en espectacularidade con tanta luz. Alomenos para os Carcamáns, unha construcción que sabemos valorar coma ninguén.



Outra vista do noso scalextric, a pista de despegue da Arousa, desta vez dende unha perspectiva si acaso non tan habitual, na que destacan as liñas que trazan as luces e mailo elipse que fan as sombras dende esta perspectiva.



Agora veñen dúas imaxes do Naval-Rubas, aproveitando nesta primeira os "barcos dos Carcamáns" por baixo, e a posicion zenital da Lúa, que semella iluminar toda a escena.



Deixamos pasar uns vinte minutos, agardando a que "baixasen" os remolóns Xúpiter e Venus pra podelos meter no encuadre, dando como resultado ésta suxerente imaxe do mesmo lugar, mais contando unha historia ben distinta.



Dalí pra riba, pró Con do Forno, non só pra facer a clásica foto da Arousa, que xa se facerá, senon pra apuntar aínda mais pràrriba, á posición dominante da escultura do Santo, pero có fondo estelar por detrás pra darlle como... mais trascendencia. Ós mais píos seguro que van gostar destas tomas, jejeje.



Unha lixeira reviravolta de zoom, un pequeno axuste da exposición, e saeu estoutro retrato da divina imaxe, mais nidia que a primeira, mais perdendo a grandiosidade que lle dá a amplitude de campo do ceo da anterior. E digo que me saeu, porque era noite fechada e aínda non me explico de onde sacou a cámara tanta luz. Pódese dicir que a foto fíxena apalpando, pois eu no visor non miraba nadiña, todo negro.



Agora sí, viramos a cabeza do trípode 180º pra mirar cara abaixo e facer a que polo momento vai ser a derradeira toma desta máxica noite do Solsticio do vran. Destaca a Igrexa, e ó fondo, a Ponte. Por certo moi ben enfocada e cunha exposición que semella óptima.



Madrugada do Domingo 28/06/2015. Dúas novas fotos nocturnas, desta volta polo Faro ás tres da mañán, pensando que habería un ceo claro segundo anunciaran en tódolos partes do tempo, mais bastante cuberto, con nubes baixas sen chegar a néboas, así que no canto de apuntar dabaixo prárriba, houbo que apuntar darriba prábaixo.




Éstas fotos que collen o interior da Ría sonche ben difíciles, pois hoxendía por toda a ribeira hai moita contaminación lumínica. ÉStas dúas son os mellores resultados que acadei, có noso Faro "on-off". 






Ésta imaxe do Muíño da auga ás dúas da mañán tampouco é moi habitual. Aproveitando unha noite moi despexada, mais outra vez a contaminación lumínica impideu que saíse un fondo cun ceo mais estrelado. Porén, coido que valeu a pena...


Noite do 24 ó 25 de Xuño do 2016. Á 01:30 da madrugada comezou a aparecer ó Leste o que nun principio foi bastante confuso, pois semellaban as chamas dalgún incendio, cousa que por desgraza non sería algo fora do habitual nestas épocas. Mais ó cabo duns segundos tomou forma de Lúa... Lúa chea, convertida éste ano nun fenómeno admirábel por coincidir có Solsticio do Vran, cousa que non acontecía dende hai 68 anos. Foi espectacular, mais que o orto Lúar semellaba un Solpor. Tal era a forza que traía, que resultou reforzada por un ceo estrelado e mais a escasa contaminación lumínica désa zona concreta. Todo un "momentaso" que por sorte pudemos documentar con ésta estupenda imaxe.


Un solpor de mediados do Nadal, có Sol ocultándose por detrás de Sálvora, mais desviado ó Sur que no vran, que o fai tras a punta do Barbanza.

Teño a idea de continuar engadindo novas imaxes nocturnas con moitos lugares dos que aínda faltan da Arousa. Agardo que a alguén lle evoquen algunha sensación ou emoción, como a mín me acontece, cada vez que planto o trípode ás escuras. Agardo non llo espichar a ninguén sin querer...









2 comentarios:

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño