Dúas arañas:
Crus e Raia
Crus e Raia
Nestes primeiros días do Outono comezamos a ver as primeiras arañas, alomenos as que fan a rede por riba do chan. Pola Arousa hai mais especies, pero de momento imos subir só dúas, unha é moi común e a outra érame descoñecida ata que a atopei por primeira vez por Carreirón. Ámbalas dúas deixáronnos fermosas imaxes, tanto da súa intimidante figura, coma da propia actividade depredadora, pois tuvemo-la sorte de grabar o ataque a dous probes hóspedes que lle foron petar á porta cando pasabamos por alí...
Araneus diadematus:
Mais coñecida como Araña de xardín ou Araña de cruz, é a mais habitual en xardíns e bosques da Arousa e de toda Galiza.
Cando entran en actividade, é imposible dar unha volta polo monte sen cruzar con algunha arañeira pendurada no medio dos camiños, pois éses corredores que forman os estreitos sendeiros é por onde se moven os insectos voadores con mais facilidade, e resulta tamén mais doado atrapalos.

Seica polas noites comen a súa propia rede como "entrante" ó prato principal das presas cazadas, comezando á mañan seguinte a construción dunha nova.


Nesta foto aparece o que creo que é o saco cós ovos da posta, que poden chegar a varios centos. O que non sei é que fai aí ése pequeno exemplar de "Agalenatea redii". Xa lle preguntarei...
Argiope bruennichi:
Nona coñecía, e descobrina por primeira vez moi recentemente. Non sei si é característico da especie, á rede constrúena a escasos centímetros do chán, nunca mais de medio metro.
Existen tres ou catro variedades moi semexantes, comúnmente chámaselle cunha chea de nomes, como Araña tigre, Araña cebra, Araña vespa...
Tamén lle chaman Araña cesteira, acaso por ése zig-zag que sempre fan na tea, coma nesta imaxe, que trae de cú ós expertos pois descoñecen a función deste característico e único xeito de texer na rede.

Si acaso o macho non tén a espabilasión de fuxir a tempo, a femia acaba con él. Porén, éste tuvo a precaución antes de finar de desprenderse do seu órgano sexual, deixándoo dentro da femia, asegurando a fecundación.
Amigo!, e parecía parvo...


En Novembro aínda resta moito tempo ata a primavera, así que non sei que andaría a facer ésta pequena "Pisaura mirabilis" circunnavegando o saco da posta que andamos a vixiar, cecais procurando algunha oportunidade pra se introducir nel e desabaratarlle a descendencia a aquela, feito do que non se vai a enterar, pois xa hai un par de meses que nona vemos polo rueiro.
Agardaremos a ver que acontece...
La del final encima de la ooteca de la Argiope ,es una Pisaura mirabilis. La de la ooteca de la Pisaura es una pequeña Agalenatea redii.
ResponderEliminarInteresante.
ResponderEliminarSolo hago que aprender contigo, bueno a veces también me río...eso de que las hembras mutilen a los machos debe de ser bastante común en el mundo animal. Jaa,ja.
ResponderEliminarInteresante de verdad!.