x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Señores dos outeiros



As aves de presa transmítennos sensacións fortes. De poderío, de suficiencia.
A mín fascínanme todas as trazas do seu ser, dende a insolencia da intimidante mirada, ate o señorial porte da súa sola presenza cando, pousadas e quedas nun escollido ponto estratéxico, semellan dominar sobradamente todo o que queda por baixo delas.
Todos éses rasgos e actitudes son, xunto coa sorte, elementos acaídos pra unha foto fascinante. Ingredientes que, de podelos achegar a tí por medio do obxectivo, vanche orixinar sensacións deses e outros calificativos, pois dende a ponta do peteiro ata a derradeira pluma da cola, todo é seducción nestas aves.
Aínda mais emocionante resulta cando, no cumio da túa propia sorte, podes asistir a unha sesión de caza, pois a todo o dito haberá que engadir a maxestuosidade do vóo no caso de uns, ou a imaxinaria liña que coma un mísil trazan velozmente no ceo noutros, agromando o senso de vértigo pola violenta e habilidosa precisión coa que perpretran os asaltos.
O que relatarei eiquí serán as miñas particulares impresións coas historias dalgúns dos encontros con estas maxestuosas aves...

Miñato - Busardo ratonero - Common buzzard (Buteo buteo)
De volta de Carreirón pola zona do Muíño do Vento, alí estaba, inmóvil nesta postura, así que como non fuxía, decidimos aparcar o coche na beirarrúa, a uns poucos metros dése poste eléctrico. De súpeto, chumpou en picado cara a nós, que ata chegamos a crer que nos atacaba. Pero non, tiña fixado no punto de mira un furonsiño que, casualmente quedou xusto baixo o noso parachoques, polo que dende dentro do automóvil perdémolo de vista por uns instantes, para inmediatamente saír voando coa presa inmóvil nas garras. 


Non hai imaxe mais descriptiva dos adxectivos cós que vimos de definir ás aves de presa, que a destoutro Miñato na súa atalaia, imperando hierático os seus dominios.


Avelaiona - Cárabo común - Tawny owl (Strix aluco)
Ésta é unha Avelaiona que tiñamos localizada en Carreirón pola zona da Lagoa. Moitos findes faciámoslle unha visita, pois o vaciado do seco tronco dun solitario pino no que fixou o niño facía inconfundible a localización. Mais por desgraza un día apareceu todo arrincado e tirado polo chan por algún pavero que debeu encetalo e non tiña mellor cousa que facer...
Unha miudiña e bela ave de presa que seguramente procuraría outro coto seco doutro pino pra se mudar de rueiro.

Falcón pequeno - Alcotán europeo - Hobby (Falco subbuteo)
A primeira vez que o localizamos, pensei que sería un avistamento único, crendo que a súa presencia entre nós tería sido circunstancial, mais non, xa hai varios anos que mais tarde ou mais cedo prodúcese un novo avistamento, polo que probablemente haxa alomenos unha parexa criando. Tamén tuvemo-la sorte de observalo varias veces nas veloces accións de ataque, que sempre cadraron na praia, cazando algunha das limícolas que ó afuciñar pra lograr algún invertebrado, vense sorprendidas pola sombra deste raio con plumas.


Probablemente o mais colorido da familia dos falcóns. Antes de fuxir dándome ésta bela estampa, aínda tuven ocasión de retratalo mentres escudriñaba o chan en busca de presas.

Falcón peregrino - Peregrine falcon (Falco peregrinus)
Éste sí que foi un "momentazo". Facendo o roteiro por Carreirón, observei lonxe nun Cón unha ave pousada, que nun principio pensei que era algunha Gabota, que sería o mais normal. Había unha néboa bastante espesa, e aínda que dende a distancia onde estaba, (mais ou menos 100 metros) non podía concretar o bicho que era, algo lle vín que non me convenceu da primeira impresión, así que, como fago moitas veces, "primeiro disparo, e logo pregunto" pra ver si hai sorte, e na edición e ampliación da foto salgo de dúbidas.
E vaia si saín de dúbidas!  ante mín nada menos que un fermosísimo xoven Falcón peregrino, especie nada habitual na Arousa, que, estando en paso, extraordinarimente púdose desviar ó medio da Ría. Un dos mellores momentos cós que me agasllaron tanto a fotografía coma os meus bichiños. 

Tartaraña cincenta - Aguilucho cenizo - Montagu's harrier (Circus pygargus)
Éste tamén foi outro caso pra poñer a proba os reflexos e o "gatillo lixeiro" do meu dediño, que dispara antes de preguntar. Eu estaba dabondo convencido de que podía ser un Azor, mais logo de editar e poñer a foto nas redes indagando a identidade da ave, un amigo identificouno definitivamente. A foto non é moi boa, porque, coma tantas veces, foi velo e nuns segundos desaparecer.
Ésta especie tampouco adoita visitarnos, estando seguramente de paso.

Gavián - Gavilán - Sparrowhawk (Accipiter nisus)
Ate o dagora, éste é o ultimo avistamento. Sabiamos que na Arousa había Gaviáns, e noutra ocasión fai uns anos, xa tuvera ocasiónn de avistalos, mais as fotos non foron ótimas. Facendo un roteiro polo Monte ouvimos os chíos inconfundibles dalgunha ave de presa así que, como non paraban fúmonos achegando cada vez mais, ata que descobrimos ós nosos pés a zona onde se xuntaban plumas e ósos de aves en distintos montiños. De paxaro carpinteiro, de Pombas torcaces. Restos inconfundibles das súas comedelas.
Chegados a éste lugar concrreto, os chíos facíanse mais e mais frecuentes e intensos, polo que a conclusión foi que se trataba dunha cría que probablemente se decatou da nosa presenza e chamaba acaso polos proxenitores na procura de protección.
E non tardou en aparecer éste exemplar, que polas cores da plumaxe coido que é a femia, revoando moio baixo en inconfundible actitude ameazante, a que, teño que recoñecer intimidoume un pouco.



Mais outra cousa bén distinta é facerlle unha foto, pois os bichos non son parvos, e sempre se poñen a favor do Sol, de xeito que tí case sempre os tés a contraluz. As imaxes que mellor acadei foron éstas que subo eiquí, resultado dun arduo revelado pra "liberar" do medio das sobreexposicións e as sombras iniciais ésta beleza de bicho.



De momento éstas son as mellores imaxes, ben sexa por únicas, ben por calidade, dignas de subir aquí, dentro da categoría das Aves de presa, mais aínda quedan outras que, na medida en que se me vaian poñendo "a tiro" serán inmovilizadas convintemente néste meu álbume de bichos.








8 comentarios:

  1. Espectaculares todas, Fran.- Graciñas por compartilas.-

    ResponderEliminar
  2. Máis que as fotos, que son sen lugar a dúbidas estupendas, gústame moito a expresión verbal a modo de conto que empregas nas explicacións delas.

    ResponderEliminar
  3. Moi agradecido, Aínda que lle poño moito entusiasmo, tanto unha cousa coma a outra danme bastante traballiño, pero comentarios coma os vosos xustifican calqueira calamidá... ;-) Saúdiños

    Eliminar

    ResponderEliminar
  4. Fotazas Fran; que buena colaboración.-

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas a vós, compráceme moito que gostedes destes traballos. Apertas

      Eliminar
  5. bueno, teño que informar da abundancia de erros na identificación que existen no enlace....a avelaiona do texto é realmente un moucho de orellas (Otus scops), a tartaraña cincenta é un azor subadulto, tal e como o autor pensou nun primeiro momento, e a suposta femia de gavían é outro azor, esta vez xuvenil.....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas polas aclaracións, aínda que da última aclaración estaría ben certo de que é un Gavián, pero vexo que dominas o tema. Outra vez grazas, e un saúdo

      Eliminar

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño