x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Esenciais a xornada completa






Hoxe veño cunhas macros agradecidas de abellas e abellóns que fixen durante o vran. E con elas aproveitarei pra contribuir un anaquiño en difundir a preocupante baixa das poboacións de especies polinizadoras, primordiales na fertilización dos cultivos, base primordial da alimentación humana.  (click nas imaxes pra ampliar)



Os primeiros en daren a voz de alarma seica foron os apicultores. Mais o grande problema mundial está nas variedades silvestres, que son o dobre de efectivas polinizando que as que temos "a sueldo" nos panais artificiais, polo que a producción de semente do cereal calculan que pode chegar a caír ata un 90%



O problema xa é global, pois aínda que as primeiras alarmas foron dadas nos Estados Unidos e en Europa, hoxendía xa está estendido por todo-los continentes. Cambio climático, contaminación, perda de hábitats, abuso dos monocultivos, pesticidas e parásitos son as múltiples causas, polo que a solución pensan que non vai ser nada sinxela.


éste abellón leva as cartucheras cheas...


Greenpeace aporta unha solución, cal é o troco do modelo industrial da agricultura por unha agricultura ecolóxica e sostible. Vaia, que coma en tantas outras actividades onde o ser human mete o fuciño forzando os beneficios, escaralla o sistema. E cando "trisca" o invento  "dos listos" de sempre, as consecuencias pagámolas todos menos éles, que xa teñen o piorno cheo... E por riba teremos que poñe-la solución.


Coido que como non sexamos capaces de reparar este cacho de desastre que se aveciña, as conse-cuencias poden ser catastróficas, debido ás necesidades alimentarias da sobre-poboación mundial actual. Non debemos esperar a que actúe a natureza, pois ó mellor sobramos moitos millóns de nós.


Bó, semella que hoxe levo un día un pouco "nejatif", así que mellor imos ser "sempre positif", e ir preparando outro post mais alegre cós bichiños. Ó respeito das fotos, coido que as que deixo nesta entrada son fermosas dabondo como pra admirar cós mellores olliños as traballadoras abelliñas...






2 comentarios:

  1. Marabillosas fotos; coma sempre.
    Sospeito que na Arousa non hai moitas colmeas porque entre as fotos non vexo ningunha abella melífera. Isto faime lembrar que hai uns tres anos, cando vivía no Outeiro, un carcamán moi peiteado pedíume un enxame e aínda hoxe non llo conseguín (estoume ruborizando).
    Hei dicir no meu descargo que temos un par de colmeas a uns cantos quilómetros do lugar no que vivo e non dou pillado enxames porque so vou por alí de vez en cando polo que imos mantendo a pequena abellariza con dificultades.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. pois non, eu aínda non atopei tampouco ningunha colmea pola Arousa,

      Eliminar

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño