x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Os findes ó Sol





Primeiros findes da Primavera, cheos de artistas estricados ó Sol, e flashes de comparanza coas esceas da famosa película de Fernando León e os seus personaxes que contaban as horas espatalados ó eitón nos asientos da cuberta do non menos popular barco do filme.



Cértamente, temos en Carreirón unha nova version da estupenda peli do 2002, con algúns cambios no reparto, xa que pola Arousa contamos cuns galáns tanto ou mais juapeteiros que os da primeira...



Trocamos a Javier Bardem e Luis Tosar polos nosos artistas dos pandullos e xa podemos empezar a rodar, bueno, de momento só poñeremos esta reportaxe fotográfica dos galáns Carcamáns, de indiscutibles dotes interpretativas ou, cando menos fotoxénicas. 


Lagartixa de Bocage (Podarcis bocagei)
Con todos vostedes, o repoludo Lagarto Arnau e a glamurosa Lagartixa de Bocage, acabadiños de aterrar a Carreirón, para a presentación da inminente estrea nas carteleiras do mundo mundial dun novo "remake", de... "Os findes ó Sol".


Tentando saír ó Sol, mais fóra merodeaba 
o temible mostro dá cámara de fotos...
Aínda temos pendente de asignar os papeis, hai dúbidas si o de lajarto a Bardem e lagartixa a Tosar, ou viceversa.



Mellor non entraremos en polémicas, non vaia a ser que algún se me poña nas patas de atrás có inocente reparto de papeis que xa tiña eu asignado...


Lagarto Arnau (Timon lepidus)
Primeiras solleiras Primaverais nas que Lourenzo trouxo luminosos días de sabor a vran, ideais tanto para os adiantados e ansiosos plagueros como para os repunantes retratistas de bichos, a saber cál mais pelma cós artistas.



Após a rácana escuridade invernal, encetaron as mellores localidades de butaca, ou mellor dito do anfiteatro dos lombos dos Cóns, ben morniños polos fotóns cós que os regou Lourenzo dende as alturas, que lles prestan mellor que os bisteses de insectos que malamente acadan nas baixuras...





Vaia, disque segundas partes nunca foron boas, mais estou certo de que desta volta os nosos arrasta-bandullos acadarán cadanseu "Goya", pois non se pode negar que espatalados ó Sol non teñen rival... 


Retro-retratado na pupila do Arnau...
A ver quén mellora éste "selfie" !!

Aí vai o trailer da peli, que moito falar déla pero aquí non se move un can...





E pra rematar, un poema có que enriquecer a fermosura destes entrañables e arrastrados bichiños, que seguro gostaredes...

POEMA DA LAGARTA.
O sol é meu,
a pedra é minha,
ate posúo 
a quen me espía.


Son uma bela lagarta
a quen gosta a discreción,
pois vivo acubilhada
no fermoso Carreirón.
O vento é meu,
a area é minha,
por eso saio
brilhante e linda,
de primavera vestida.
(Dores Lobato. Grazas)






1 comentario:

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño