Nómadas do Inverno
Nesta entrada tentarei facer unha dilixente laboura notarial aproveitando os roteiros que teño a sorte de poder fruir por Carreirón os findes, e facer cronolóxico inventario dalgunhas das aves invernantes da presente tempada entre solsticios, que unhas veces veñen pra residir eiquí nos meses mais duros do ano, e outras só pra facer unha provisional escala collendo folgos de camiño a outros lares mais ou menos lonxanos nos que manteñen un fogar agardando por éles cada ano. Entre éstes efémeros visitadores en roteiro migratorio, demos avistado algunhas especies pouco pródigas pola nosa Illa, que a sorte nos puxo "a tiro" fotográfico, como se deixa acreditado deseguido.
Gabita - Ostrero euroasiático -
Eurasian oystercatcher
(Haematopus ostralegus)
Foi unha das primeiras e mais amplas bandadas que fixeron o debut na estrea Outonal do noso escenario insular. De primeiras anduveron ás voltas durante varias semans polo Esteiro de Carreirón, e tamén polo Sur da Ría.Eurasian oystercatcher
(Haematopus ostralegus)

Bilurico Bailón - Andarríos chico -Common sandpiper
(Actitus hypoleucos)
Tamén chamado Bilurico das rochas, eu gosto mais da festiva denominación, que coido define moi bén o comportamento desta miudiña limícola, de discreta figura.(Actitus hypoleucos)
Nada gregarios, case sempre se miran solitarios, todo mais ás veces en parexa, brincando da mallante prós cóns, ou correndo ó longo das ondas así como morren na praia, supoño que porque nese bater deixarán ó descuberto algúns invertebrados das algas dos que se alimentan.
E sempre adornándose cós seus simpáticos "tics" baixando e subindo cabeza e corpo, de cuxo "baile" é de supor que nacerá o expresivo apelido có que foi bautizado. Por certo que se fan moi reos ós meus inocentes achegamentos pra retratalos.
Garza real - Grey heron
(Ardea cinerea)
(Ardea cinerea)

Pildora cincenta - Chorlito gris -
Grey plover
( Pluvialis squatarola)
Dende finais de novembro é un espectáculo a gran variedade de limícolas a mariscar á seca da praia de Xastelas, coma nesta imaxe. Ése día en concreto as Píldoras cincentas eran claramente maioría.
Grey plover
( Pluvialis squatarola)

Pilro común - Correlimos común - Dunlín
(Calidris alpina)
Tiña dúbidas da súa identidade, por seren moi confundibles có P. ferruxento, aínda que éstes últimos son mais difíciles de atopar por aquí. Un déles está marcado cun anel, que nos dá información sobre o bicho como por exemplo que xa se levan 4 anos seguíndoo e anotando "escalas" en Rouxique, na Arnosa, na Fianteira, etc., no Complexo intermareal Umia-Grove.(Calidris alpina)

Bilurico común - Archibebe común -
Common redshank
(Tringa totanus)
Teño pra mín que éste ano non foron dos mais puntuais, pois por eiquí comezaron a asomar o peteiro dende os derradeiros días de novembro.Common redshank
(Tringa totanus)

É un bilurico de tamaño medio, pra mín probablemente o mais vistoso déles, có lucido e intenso bermello có que visten o peteiro e as patas. Porén, non son dos que ofrecen mais confianza ás visitas, así que terei que invitar a algúns cafeses pra que me deixen achegar un pouquiño mais.
Falcón peregrino - Peregrine falcon
(Falco peregrinus)
(Falco peregrinus)

Bilurico claro - Archibebe claro -Greenshank
(Tringa nebularia)
(Tringa nebularia)


Mazarico real - Zarapito real -
Eurasian Curlew
(Numenius arquata)
Outra especie que, alomenos na Arousa non é moi habitual. Porén, este ano xa os teño avistado dende o mes do Nadal nunha bandada que adoita pousar polo Sur de Carreirón, mais ate este finde non fun quén de reflexar a éstes fuxe-fuxe peteiros corvos no espello da miña cámara.
Son fácilmente confundibles cós Mazaricos chiadores desta entrada anterior, aínda que cando botan a voar son delatados tanto a envergadura como polo longuísimo peteiro característico.
A foto da bandada é pola Punta Xastelas, e a dos dous exemplares foi na Praia dos Petóns, onda Punta Carreirón.

A foto da bandada é pola Punta Xastelas, e a dos dous exemplares foi na Praia dos Petóns, onda Punta Carreirón.
Pato cullerete - Cuchara común -
Northern shoveler
(Anas clipeata)
Northern shoveler
(Anas clipeata)


Mapa dos avistamentos
desta entrada:
desta entrada:
![]() |
foto aérea de Manuel Beloso |
Maravilha e muito bem apresentado. Os meus parabéns!
ResponderEliminarFermosa. Grazas.
ResponderEliminar